Tres interesantes presentacións

Estimadxs compañeirxs,

Gustaríame recomendar encarecidamente as presentacións de tres compañeiras. En primeiro lugar polo interese que suscita cada respectivo tema, pero en segundo lugar pola orixinalidade e a adecuada síntese dos temas presentados ao resto da clase.

A aprendizaxe basada en Proxectos (ABP), Noemí Soto Estévez

A compañeira Noemí adicou a súa presentación, a unha metodoloxía de clara natureza constructivista tal e como é a aprendizaxe por proxectos. Aínda que xa tiveramos a oportunidade de realizar unha unidade didáctica en base a este método, Noemí deu un repaso global das súas principais características que sen dúbida enriquezou o noso coñecemento previo. 

Ademáis, a compañeira tamén nos falou dos seus principais obxectivos e vantaxes. Da súa presentación, gustaríame recalcar como tamén apuntalou algún dos principais inconvenientes deste tipo de metodoloxía. Este tipo de motodoloxía é complexa, e require unha gran planificación para acadar os seus obxectivos didácticos polo que tal e como explicou a compañeira, require dunha exhaustiva programación de cada proxecto educativo. Pareceume unha introducción crítica, lúcida e verdadeiramente enriquecedora.

As metodoloxías activas son o futuro!


O inglés tralo Brexit. Seguirá sendo unha lingua franca na UE?, Emma Alonso Ramonet

Nun momento crítico na que a saída do Reino Unido da Unión Europea é inminente trala victoria do partido conservador, pareceume unha moi interensante elección por parte da compañeira Emma.

Un dos aspectos que máis chamou a miña atención de susodita presentación, foi o acertado repaso do concepto de lingua franca e a evolución histórica do inglés até ser a principal lingua empregada para a comunicación entre todos os estados membro da UE. Na súa presentación, tamén deu pé a nosa reflexión ao presentar unha serie de hipóteses sobre o futuro de inglés coa saída do Reino Unido. 

En resumo, unha presentación sumamente dinámica e fresca!

Certificación de linguas por institucións nacions e internacionais, Sandra Boubeta Resille

Outra presentación que chamou a miña atención polo seu dinamismo e o interese que o tema suscitou foi a da compañeira Sandra. A compañeira introduciu ao resto da clase, as principais institucións europeas e nacionais que dispensan os correspondentes certificados de nivel das linguas. Facendo un repaso polo tipo de probas que que necesariamente hai que aprobar para lograr cada certificado de nivel.

Se cadra o aspecto máis interesante da presentación, foi a razoada crítica ao gran negocio que se agocha tralas certificacións de nivel. Como estudantes de idiomas e futuras docentes, debemos ter unha visión formada e crítica do entramado do que formamos parte. Por este motivo, considero que a presentación de Sandra deu lugar á reflexión, fomentando o pensamento crítico.

Pensamento crítico, benvido sexas!


Enlaces ás susoditas presentacións:









Comentarios

Publicacións populares