Tema 6: Aprendizaxe cooperativa na programación didáctica (Diario)
Ola a todxs!
Nesta entrada imos abordar os contidos do tema 6, facendo fincapé nunha posíbel metodoloxía a empregar na nosa programación didáctica. O emprego dunha metodoloxía activa que sitúe ao alumnado no centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, é ben necesario ademáis de que a lexislación educativa actual aboga por un ensino que supere a tradicional clase maxistral. Debido ao meu particular interese pola aprendizaxe cooperativa, nas seguintes liñas vou versar algúns dos motivos que me fan considerala como unha relevante base metodolóxica sobre a que edificar a nosa programación.
A aprendizaxe cooperativa, ten unha raíz constructivista na que o proceso de ensinanza-aprendizaxe se concibe como a construcción de estructuras cognitivas que se inician coa acción. Por este motivo, os métodos empregados situan ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe ao ter un rol activo e participativo na súa consecución. A aprendizaxe cooperativa podería considerarse como un principio metodolóxicos fundamental en calqueira programación didáctica; xa que a cooperación e o traballo entre iguais son indispensábeis para lograr unha educación integradora e promotora dos valores democráticos necesarios para a vida en sociedade. Ao tratarse dunha metodoloxía activa, o alumnado adquire un rol activo na aprendizaxe dos contidos facilitados polo docente que se convirte nun guía e facilitador de coñecementos.
Aquelas que puidestes ler a miña anterior entrada, na que presentaba o enfoque comunicativo a través dunha presentación na plataforma Prezi; a aprendizaxe cooperativa supón unha estupenda base para aplicar o enfoque comunicativo (por exemplo na nosa aula de inglés). Xa que o alumnado para traballar de maneira cooperativa está obrigado a traballar en pequenos grupos, favorecendo esta estructuración da aula á interacción entre os integrantes do grupo-aula. Xa que o corpus teórico da aprendizaxe cooperativo é compatíbel coas principais características do Communicative Language Teaching (CLT); que según David Nunan (1996) son as seguintes:
- Énfasis na comunicación da lingua estranxeira a través da interacción.
- Introducción e traballo de textos reais durante o aprendizaxe.
- Ofertar ao alumnado, oportunidades para pensar sobre o propio proceso de aprendizaxe.
- Dar importancia as experiencias persoais do alumnado como elementos que contribuén a aprendizaxe na aula.
- Relacionar a lingua aprendida na aula con actividades ou situacións do mundo exterior.
En conclusión, a aprendizaxe cooperativa pode ser unha gran pedra angular sobre a que edificar a nosa programación didáctica. No caso concreto da ensinanza de linguas estranxeiras, as principais características da metodoloxía cooperativa son compatíbeis con outras metodoloxías activas que situán ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe. Véxase o caso concreto do enfoque comunicativo na ensinanza de linguas, que tamén prioriza a interacción e a cooperación do alumnado durante a aprendizaxe. Como futuras docentes, as nosas programacións didácticas deben estar á altura da educación futuro que debe superar as clases maxistrais.
As programacións didácticas deben deixar de ser papel mollado, e converterse na folla de ruta que guíen a un alumnado cada vez máis esixente!
A continuación, adxunto bibliografía que coido que pode ser do voso interese se queredes profundizar tanto na aprendizaxe cooperativa como no enfoque comunicativo.
-Dörnyei, Z., & Ushioda, E. (Eds.). (2009). Motivation, language identity and the L2 self. Bristol: Multilingual Matters.
-Dörnyei, Zoltán. (2001). Motivational strategies in the language classroom. Cambridge: Cambridge University Press.
-Ellis, R. (2015), Understanding Second Language Acquisition: Second Edition (Oxford University Press) 2nd Edition.
-Johnson, D.W., & Johnson R. T. (1999b). El aprendizaje cooperativo en el aula. Barcelona: Paidós.
-Nunan, David. 1996. El diseño de las tareas para la clase comunicativa. Cambridge: Cambridge University Press.
-Ovejero Bernal, A. (1990) El aprendizaje cooperativo, una alternativa eficaz a la enseñanza tradicional. Barcelona:
Promociones y Publicaciones Universitarias.
Comentarios
Publicar un comentario