Tema 6: A programación didáctica (Dossier)
Da mesma maneira co tema 5 visto en clase, o tema 6 referido á programación didáctica foi abordado en dúas sesións. Nestas sesións; abordamos os elementos que conforman calqueira programación didáctica, seguindo o estipulado pola LOMCE para a súa correcta programación e aplicación nos centros de Secundaria e Bacharelato, de Formación profesional e na EOI.
Na primeira sesión, comezamos cunha introducción aos contidos e as características de cada unha das partes dunha programación didáctica e ao sistema concurso-oposicións ao que moitas das compañeiras teremos que facer fronte para convertirnos en docentes do sistema público de ensinanza. A primeira actividade realizada, consistía en empregar o mesmo instrumento de avaliación empregado nas oposicións para avaliar as programacións didácticas empregadas; unha rúbrica. Persoalmente, pareceume unha actividade verdadeiramente enriquecedora ao permitirnos analizar e avaliar programacións didácticas reais. Esta actividade, permitiunos comprobar como na práctica; un alto porcentaxe das programación didácticas dos centros públicos non obterían un resultado satisfactorio ao ser avaliados coa anterior rúbrica.
Mentres que a segunda sesión, adicámola a creación dunha unidade didáctica que nos serviu de repaso dos contidos cursados ao comezo do Mestrado na materia de Deseño Curricular. A maior dificultade desta tarefa, foi darlle forma de maneira adecuada a unha UDI nun tempo tan limitado. Aínda que se cadra, esta actividade obrigounos a sisntetizar aqueles aspectos fundamentais e necesarios no momento de programar calqueira unidade didáctica.
En conclusión, coido que para ser unha sesión tan reducida o emprego do tempo para abordar o deseño dunha programación didáctica foi acertado. Sen embargo, as dificultades que atopamos eu e algunhas das miñas compañeiras no momento de facer fronte as actividades descritas nesta entrada; é sintomático dun mestrado no que o alumnado ten que procesar unha gran cantidade de información teórica sen ter tempo para interiorizala. No meu parecer, este máster ten profundas eivas que van máis aló d@s profesionais docentes que o imparten. Do pouco aprendido sobre o deseño curricular e a programación didáctica, o modelo deste mestrado profesionalizante contradice os propios contidos impartidos neste. Para ser bos docentes, non poderemos impartir as nosas clases da maneira na que se nos son imaprtidas neste mestrado que nos faculta para converternos en docentes.
Comentarios
Publicar un comentario