Boas de novo!

Esta entrada do blogue está adicada a abordar certas cuestións relacionadas coa ensinanza-aprendizaxe de linguas estranxeiras e as actividades realizadas na única sesión que tivemos co profesor Gonzalo Constenla. En susodita sesión, fíxose referencia aos diagramas de Venn que se trata de representacións gráficas que permiten agrupar elementos en conxuntos. Os diagramas de Venn poden ser levados a nosa aula para lograr a visualización de certas cuestións de maneira máis gráfica. Como xa vimos con anterioridade, o mundo das ideas ten que ser levado a nosa práctica docente a través de distintos mecanismos que permitan que o noso alumnado comprenda e poida moldear o coñecemento que pretendemos transmitir. Nesta sesión, tivemos que realizar un diagrama de Venn, en pequenos grupos de 3 a 4 integrantes, sobre os aspectos comúns e diverxentes entre a L1 e a LE. 






A elaboración deste diagrama de maneira grupal, amosounos de que xeito este pode ser empregado ao comezo dunha aula para ver e repasar o coñecemento previo que o alumnado poida ter sobre un tema concreto (a modo de avaliación inicial dunha maneira cooperativa). Grazas a realiazación desta actividade, produciuse un interesante debate sobre os conceptos de lingua materna, segunda lingua e lingua estranxeira. Como futuros docentes de linguas, pareceume un debate verdadeiramente enriquecedor por todo o que tivo de replantexarnos toda unha serie de cuestións da nosa realidade socio-política na que se insire o noso sistema educativo. Sendo o caso do estado español, un estado plurinacional e plurilingüístico, é curioso que o sistema educativo non aborde en maior profundidade a riqueza que supón o coñecemento do resto das linguas cooficiais. 

A continuación, realizamos outra actividade cooperativa que se tratou dun placemat consensus. Agrupados novamente en pequenos grupos, tivemos que responder a unha pregunta plantexada polo docente (Emprega a Comisión Europea as máis de 40 linguas faladas na UE?). Entón, cada integrante escribe de maneira individual o seu parecer ante tal pregunta, e posteriomente; cada grupo ten que consesuar a súa resposta en función das respostas facilitadas polas súas compañeirxs. Esta actividade dun claro cariz de interacción e mediación, fixo que tivesemos que elaborar a nosa xustificación ante a nosa resposta individual. 



No meu parecer, tanto o diagrama de Venn como o placemat consensus son un claro exemplo da utilidade e da gran aportación didáctica que poden ter as actividades cooperativas na nosa aula de linguas estranxeiras. Xa que, a cooperatividade obriga a que o noso alumnado teña que comunicarse entre si; traballando indudablemente a súa competencia lingüística e social e cívica ao ter que interactuar e mediar cos seus iguais. En multitude de sesións co resto de docentes que imparten a matería de didáctica, temos abordado a necesidade de lograr que o proceso de ensinanza-aprendizaxe sexa realizado de maneira activa. Ademáis, tamén temos debatido longo e tendido sobre a importancia de que na nosa aula de linguas estranxeiras, o alumnado perda a vergonza a falar e poñer en práctica a lingua meta. As actividades cooperativas son ben prometedoras no campo da ensinanza de idiomas, xa que na práctica é  ben difícil falar de maneira individual con 25 alumnxs e lograr que estes falen na lingua meta; o maior tempo posíbel. As actividades cooperativas proporcionan unha boa maneira de traballar aquelas cuestións/contidos mentres o noso alumnado emprega a lingua meta na realización das actividades. 

No seguinte enlace, podedes atopar un breve resumo das actividades descritas na entrada e algunhas outras que agardo que poidan ser do voso interese: 13 técnicas cooperativas simples

Cal é a vosa opinión sobre as posíbeis utilidades das actividades cooperativas nas nosas aulas de linguas estranxeiras?





Comentarios

Publicacións populares