Avaliación e uso de rúbricas na aula




Na seguinte entrada, abordarei algunhas das cuestións máis destacábeis sobre o emprego de rúbricas na aula e tamén sobre o papel central que xoga a avaliación. Para isto faremos un repaso dos distintos tipos de avaliación, vistos na primeira sesión, e algúns dos instrumentos de avaliación que podemos/debemos empregar na nosa clase de linguas estranxeiras. A continuacion, faremos especial fincapé no que consiste unha rúbrica e cales son os seus usos e características. Para rematar compatirei a miña opinión sobre algúns apectos dos temas abordados nesta mesma entrada.

Na primeira sesión, abordamos os diferentes tipos de avaliacións: inicial ou diágnostica, formativa (continua) e sumativa ou final.  A avaliación inicial permítenos averiguar os coñecementos previos do noso alumnado para adaptar os contidos do currículo en función das súas necesidades. Debemos coñecer o perfil do alumnado ao que lle imos impartir clases, para poder aplicar e adaptar o currículo de maneira satisfactoria e que saibamos o punto de partida dos nosos estudantes. Mentres que a avaliación formativa obedece a outros intereses pedagóxicos, sendo empregada para ir recollendo información no proceso de ensinanza-aprendizaxe para irse adaptando as dificultades/necesidades que lle vaian surxindo ao alumnado. Polo que, o obxectivo da avaliación formativa é monotorizar o aprendizaxe d@ estudante para proporcionar unha retroalimentación continua (tanto para que @s docentes melloren a súa práctica ou para que @s estudantes saiban aquilo que precisan mellorar).
Pola súa contra, a avaliación sumativa ou final pretende avaliar o aprendizaxe logrado polo alumnado ao final dunha etapa ou periodo. Polo xeral, este é o tipo de avaliación empregada para cerciorarse de que o aprendizaxe logrado por "x" alumnado atende as demandas do sistema educativo. Compre destacar, que a avaliación sumativa pode empregarse de maneira formativa cando serven como guías para cursos posteriores.

No que refire as características que todo instrumento de avaliación debe ter, nas últimas sesións falamos da necesidade de que estes sempre tivesen obxectivos claros e que o alumnado comprendea con claridade como van ser empregados para avaliar a súa aprendizaxe. Na sesión abordouse a importancia de diferencia o que é un baremo do que é unha rúbrica, aínda que en apariencia garden moitas similitudes; en ningún caso poden ser empregados como sustitutivos o un do outro. Xa que unha rúbrica, trátase dunha guía que intenta avaliar a aprendizaxe por parte do alumnado partindo de unha serie de criterios, sen limitarse a unha mera conta numérica á diferencia do baremo. Ademáis, as rúbricas poden ser clasificadas en holísticas ou globais, cando entenden a tarefa/actividade á que fai referencia a rúbrica como un todo (polo tanto dan información menos detallada); e as rúbricas analíticas que desglosan unha tarefa/actividade en varios indicadores e describen os criterios dacordo a niveis preestablecidos; otorgando un maior feedback sobre aspectos concretos da tarefa/actividade. 

Chegados a este punto, a avaliación é inamobível de calqueira proceso de ensinanza-aprendizaxe na actualidade. O tipo de avaliación que vaiamos empregar nas nosas aulas terá que ir en correlación cos principios metodolóxicos e os contidos que van ser impartidos. De igual xeito cos instrumentos que empregamos para avaliar, teñen que ser ser coherentes coa nosa programación didáctica e a maneira an que orientemos as nosas clases. Por este motivo, falamos da necesidade de facilitarlle en todo momento, ao alumnado, aquelas competencias e coñecementos polos que van ser avaliados. É imprescindíbel cxs estudantes saiban con claridade como, por e para que son avaliados. 

Quero rematar esta entrada, plantexando a seguinte pregunta: No ensino todo pode ser verdadeiramente tasado e cuantificado? Só aquel aprendizaxe que é avaliado, é significativo?
No actual sistema educativo integrado nun sistema neoliberal, á tendencia a cuantificar tódolos aspectos do propio aprendizaxe está en auxe. De igual xeito que as empregas empregan grellas, rúbricas e todo tipo de baremos para cuantificar e cualificar a súa mercancía e os seus ingresos; parecese que a educación e a propia aprendizaxe puidera tasarse igual cunha mercancía. Que pensades ao respecto? Agardo que esta pequena reflexión, de comezo ao debate.... Uso ou abuso?




Comentarios

Publicacións populares