Tema 2: Desengranando o MCER




Desengranando o MCER

Para tod@s aqueles que non estén familiarizados coa ensinanza de idiomas, o MCER, pode ser unha sigla un tanto extraña. O Marco Común de Referencia para as linguas (MCER) é un estándar para medir o nivel de compresión e expresións orais e escritas nunha lingua. Por que a creación deste estándar? Os estados membros da Unión Europea consideraron que era necesario ter unha especie de baremo común que permitise igualar os niveis de ensinanzas das linguas. Deste xeito o Marco común europeo de referencia, proporciona unha base para a elaboración das programacións didácticas, as orientacións curriculares ou os propios exames de nivel en Europa.

O MCER é unha parte integral da política lingüística do Consello de Europa, xa que este unificou as directrices tanto para a ensinanza como para a aprendizaxe dunha lingua. Recollendo o propio MCER, aqueles contidos e competencias necesarias que ten que adquirir unha persoa para poder comunicarse nunha lingua de maneira eficaz. Como é lóxico, o Marco Común tamén define os niveis de dominio dunha lingua, permitindo estes comprobar o o nivel ou o progreso realizado en cada periodo do aprendizaxe. Polo que se tablecen seis niveis que van do máis básico (A2) até o nivel máis avanzado (C2) que equivaldría a un nativo cun bo coñecemento da lingua oral e escrita.

A continuación, defínense os principais rasgos definitorios de cada nivel:

A1 - Nivel básico (acceso)

O falante é capaz de comprender e empregar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como, frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades inmediatas. É dicir, frases relacionadas con cuestións de primeira necesidade tales como as relacionadas co estado anímico ou con necesidades básicas.

Neste nivel, o falante tamén debería poder presentarse a si mesmo/a, pedir e dar información persoal básica sobre onde vive, as súas pertenencias  e as persoas que coñece. Relacionándose de maneira elemental sempre co interlocutor fale despaciño e con claridade.

A2 - Nivel básico (plataforma)

Estaría nivel o falante que puidera comprender textos simples e curtos, sobre actividades da vida diaria ou relacionadas con experiencias que lle puideran ser relevantes (tales como información básica sobre si mesmo/a e a súa familia, ocupacións ou lugares de interés).

No que se refire, acomunicación oral, o falante debería poder comunicarse a hora de levar a cabo tarefas sinxelas relacionadas con cuestións que lle sexan habituais ou cando menos coñecidas.

B1 - Nivel intermedio (umbral)

Pode comprender os puntos principais de textos claros, sempre e cando a lingua emprega sexa a estándar e as cuestións abordadas coñecidas. Un falante dun B1 podería defenderse a hora de realizar unha viaxe nun país no que se fale a lingua en cuestión.

Ademáis, tamén pode describir experiencias, acontecementos e xustificar brevemente a súa opinión.

B2 - Nivel intermedio (alto)

Neste nivel, o falante é capaz de comprender as ideas principais de textos complexos que aborden tanto temas concretos como abstractos; mesmo se son de carácter técnico, sempre que estén dentro do seu campo de especialización.

Na comunicación oral, un falante do B2 pode relacionarse con falantes nativos cun elevado grado de fluidez, sen que haxa un gran esforzo comunicativo por parte do interlocutor. Podendo defender o seu punto de vista sobre temas xerais, indicando os seus pros e contras.

C1 - Nivel avanzado (dominio operativo eficaz)

Aquí, o falante é capaz de comprender unha ampla variedade de textos extensos e complexos. Expresándose de maneira fluida e espontánea con outros falantes en multitude de contextos e situacións; amosando un uso flexíbel do idioma e a súa adecuación ao contexto social no que se realiza. Ademáis amosa un emprego correcto dos mecanismos de organización, adecuación e cohesión na realización de calqueira texto.

C2 - Nivel avanzado (maestría)

O nivel C2 supón un elevado dominio do idioma, habendo falantes nativos do mesmo idioma que non cheguen a ter un dominio tan elevado. Xa que o falante dun C2 pode comprender con facilidade calqueira texto oral ou escrito. Expresándose coa mesma fluidez ca un nativo.

Así mesmo, hai unha serie de descriptores globais que sirven para calqueira lingua e que son orientativos, flexíbeis e que gardan unha estreita relación cos contidos impartidos na ensinanza dun idioma. Estes descriptores adecuar o currículo e permiten avaliar o dominio do idioma e clasificalo nos niveis citados.


Aínda que o MCER sexa percibido por unha gran parte dos/as estudantes de linguas, ao ser unha escaleira de difícil escalada ao requerir moito esforzo e dedicación, é un proxecto necesario. Nun contexto cada vez máis global, é necesario contar cun baremo ao que acudir no aprendizaxe das linguas.

Agardo que esta entrada se vos fixera amena, e que agora pensedes con agarimo no Marco Común de Referencia das Linguas!

Comentarios

Publicacións populares