Tema 1: A aprendizaxe cooperativa na ensinanza das linguas estranxeiras
A aprendizaxe cooperativa na ensinanza das linguas estranxeiras
O emprego de metodoloxías activas na práctica docente é clave para que o proceso de ensinanza-aprendizaxe sexa satisfactorio e o aprendizaxe poida consolidarse de maneira significativa. As tradicionais clases maxistrais ou expositivas, que continúan a ser impartidas por un elevado número dos/as docentes de secundaria no estado español, situán ao alumnado nunha posición pasiva na que os contidos impartidos han de ser interiorizados por para superar unha proba na que recae a avaliación. Mentres que as metodoloxías activas, sitúan ao alumnado no centro do proceso aprendizaxe ao ter un rol activo e participativo na súa consecución.
As metodoloxías activas teñen unha clara raíz constructivista na que o proceso de ensinanza-aprendizaxe se concibe como a construcción de estructuras cognitivas que se inician coa acción. Por este motivo, os métodos empregados favorecen a implicación do alumnado cos contidos impartidos e coas tarefas e actividades a través das cales se traballan os obxectivos didácticos e as competencias clave. As cuestións mencionadas nas anteriores liñas, son a grosso modo algúns dos motivos que xustifican a necesidade de que os principios metodolóxicos que rixan calqueira a programación didáctica do ensino secundario; aboguen por un proceso de ensinanza-aprendizaxe na que o alumnado sexa o centro e o docente actúe como guía e moderador que lle facilite os contidos didácticos e as ferramentos para aprender por si mesmo/a.
Isto é especialmente relevante no ensino das linguas estranxeiras tanto en Primaria como en Secundaria, xa que tódolos/as que pasamos polo sistema educativo do estado español somos coñecedoras das súas eivas neste campo. O ensino das linguas estranxeiras, polo xeral, caracterízase por ser clases maxistrais que consisten en completar os exercicios dun Workbook. Predominando deste xeito, unha metodoloxía que non axuda a poñer en práctica o aprendido na aula; especialmente se temos en conta que unha lingua require ser falada para que o proceso de ensinanza sexa real.
Para levar a cabo unha ensinanza que atenda as necesidades cognitivas requeridas para o dominio dunha linguaxe, a aprendizaxe cooperativa resulta ser unha interesante opción para conseguir que o alumnado se poña mans a obra, ou mellor dito, se poña a darlle a lingua. As estructuras cooperativas na aula permiten dividir ao alumnado en pequenos grupos, facilitando a comunicación entre eles a través de actividades axeitadas aos contidos e competencias que pretendamos mobilizar no alumnado. Se temos en conta que o obxetivo principal da ensinanza das linguas estranxeiras é a comunicación, esta debe propiciarse e esixir a interacción na propia aula.
Considerades que as metodoloxías activas, concretamente a aprendizaxe cooperativa, pode ser o camiño que guie a unha ensinanza das linguas estranxeiras máis acertada e exitosa?
A continuación deixo algúns enlaces a artigos sobre a aprendizaxe cooperativa e o ensino das linguas:
Agardo que a miña entrada vos anime a profundizar nesta cuestión, cando menos, relevante para as futuras e futuros docentes!
Hola Alex! Totalmente de acuerdo con tu entrada y me parece un tema muy interesante. Contestando a tu pregunta, sí que creo que una metodología activa orientada hacia el aprendizaje cooperativo puede ser una manera más efectiva e inclusiva de que el alumnado alcance unas competencias, contenidos y actitudes. Creo que todos estamos de acuerdo con que en la enseñanza de lenguas hay que realizar muchos cambios, una clase no debería consistir en una lección magistral y la realización de ejercicios con huequecitos. Un docente debería propiciar que su alumnado interactúe con su propio entorno, promoviendo un diálogo abierto y aplicando metodologías que promuevan la colaboración entre el alumnado. Creo que la enseñanza debe centrarse en el/la alumno/a y adaptarse, en la medida de lo posible, a su realidad, personalidad y necesidades.
ResponderEliminarUn saludo.