Tema 5: O deseño curricular (Dossier)

Os contidos traballados nestas dúas sesións estiveron relacionados co deseño curricular e os elementos que conforman o propio currículo. Aínda que tamén se abordaron os niveis de concreción curriculares e de que maneira son recollidas as linguas estranxeiras no currículo da ESO, do Bacharelato, na FP e na EOI. Coa fin de abordar de maneira significativa, estes contidos tan teóricos, empregouse unha metodoloxía activa que foi aplicada a través de tres exercicios que son analizados a continuación.

                                                                                                           Mapa conceptual sobre o deseño curricular


A primeira actividade foi realizada de maneira grupal a través dunha actividade cooperativa; o grupo aula foi dividido en pequenos grupos de especialistas de entre dous e tres integrantes que tiñan que contestar a unha serie de preguntas sobre nocións básicas sobre o currículo e os distintos elementos que o compoñen tal. De seguido, estes pequenos grupos integráronse con outros para facer unha posta en común das respostas dadas. Posteriormente, fíxose unha posta en común de maneira grupal para obter a resposta máis completa a cada pregunta. Esta actividade piramidal, permitiu refrescar os coñecementos da primeira materia do máster que versaba sobre o deseño curricular. Conseguindo coa cooperatividade entre tódolos integrantes da aula, unha significante implicación procesando unha información de gran carga teórica.

No que se refire a segunda actividade, esta foi realizada de maneira individual a través da plataforma Kahoot; as preguntas plantexadas na actividade da plataforma serviron para refrescar nocións básicas os niveis de concreción curriculares. O emprego de Kahoot a modo de xogo didáctico propiciou unha considerábel motivación entre o alumnado asistente ao ser traballado de maneira competitiva. A competitivididade empregada na aula de maneira puntual e de maneira programa propicia unha significativa participación do alumnado. Pareceume unha actividade acertada para conseguir que o alumnado asistente participase de maneira activa nuns contidos moi teóricos.

Por último, realizouse outra actividade cooperativa na que o alumnado foi dividido en pequenos grupos de investigación. Tendo que realizar cada pequeno grupo, unha pesquisa do tema asignado polo docente. Os temas asignados estaban en relación coas linguas estranxeiras no currículo da ESO, do Bacharelato, a FP e a EOI. O traballo en grupo permitiu realizar de maneira máis levadeira e efectiva o traballo encomendado. Aproveitando a mesma sesión para realizar, tamén de xeito cooperativo, unha presentación de PowerPoint.

En conclusión, o emprego de actividades que impliquen a participación activa do alumnado propicia unha aprendizaxe máis significativa. Abordar unha sesión teórica é factíbel e mesmo recoméndabel para manter a atención do alumnado durante o transcurso da sesión.



Comentarios

Publicacións populares