Achegando a mediación e a interacción a nosa práctica docente



Nas últimas sesións do mestrado, abordamos a importancia da interacción e da mediación en calqueira aula destinada ao aprendizaxe dunha lingua estranxeira. De igual maneira, tamén profundizamos na diferenzas e nas características principais que definen ás actividades comunicativas e de aprendizaxe. Outros dos aspectos abordados nas distintas sesións de didáctica xiraron entorno a noción de plurilingüísmo e multiculturalidade. Nos seguintes parágrafos, achegarei algunhas das reflexións sobre estas cuestións. Facendo especial fincapé na compresión e producción dos textos orais e escritos.

Socializar a escritura a través da mediación é unha maneira boa maneira de traballar a expresión escrita ao mesmo tempo que se traballan toda unha serie de competencias e valores democráticas no noso alumnado. Falar unha lingua é saber comunicarse cos demáis; polo que a mediación levada á práctica docente permite traballar a comunicación do noso alumnado ao ter que dialogar entre si. Ante a imperante necesidade de superar as prácticas docentes que caracterizan ás tradicionais clases maxistrais, as metodoloxías activas poden ser levado a cabo a través de todo tipo de actividades de interacción e mediación. Como xa mencionei, a socialización da escritura é ben relevante se queremos lograr a motivación e a participación d@s nos@s alumn@s. Entender a expresión escrita como un proceso, vai permitirnos traballar todas as fases implicadas na producción de calqueira texto escrito. Por exemplo, empregando actividades de mediación no proceso de planificación a través dun brainstorming ou debate en pequenos grupos. De igual xeito que na segunda fase de producción, realizar actividades cooperativas como poden ser a de edición ou revisión van permitir que o noso alumnado socialice a escritura e aprenda conxuntamente. Ás actividades de interacción tamén se ofrecen como unha gran opción para socializar a escritura. Véxase ao realizar intercambios das producións escritas finais do alumnado para que poidan avaliarse entre eles e ter un feedback dos seus propios compañeir@s.

No que se refire a elaboración dun texto escrito, varias compañeiras de clases propuxemos unha actividade moi interesante para realizar en algunha das nosas clases. Esta actividade cooperativa consistiría en escribir en pequenos grupos, de tres a catro integrantes para lograr unha interdependencia positiva, unha reseña sobre o seu lugar/comercio favorito da súa vila ou comarca. A temática escollida non é casual xa que ao ter que producir un texto sobre un tema cercano ao alumnado, imos lograr unha maior cota de motivación ao tratarse dunha temática que está relacionada co seu día a día. En tanto a avaliación deste tipo de tarefas, tamén foi comentado no transcurso das sesión de didáctica que realizar correcións nota pode resultar contraproducente se estamos traballando con actividades motivadoras. Hai que ter en conta co tipo de avaliación e as calificacións que otorguemos, deben ser coherentes coas actividades que realicemos na aula.

Coas miñas compañeiras SandraSara e Alba plantexamos outra actividade de interacción e mediación para traballar a producción e a compresión oral. Esta actividade, que pode ser adaptada aos distintos niveis de secundaria e bacharelato, consiste de varias fases. A primeira sería unha actividade de familiarización co tema a tratar na sesión, podendose realizar un debate aberto sobre a cultura británica e os coñecementos que o alumnado da propia aula ten sobre o patrimonio inmaterial do Reino Unido. A continuación, realizar un listening que aborde unha serie de cuestións da cultura británica, para posteriormente; realizar unha posta en común en pequenos grupos sobre os principais puntos tratados no audio. Após, realizar unha segunda escoita e completar un texto que facilitemos para que poidan contestar as preguntas/ocos plantexados neste. Por último, realizar unha posta en común de maneira cooperativa e asemblearia sobre os contidos tratados no listening. Facendo  deste xeito, que o alumnado tivese que interactuar na lingua meta e tamén chegar a acordos mediante a mediación sobre os principais puntos tratados.

En conclusión, un enfoque comunicativo na nosa práctica docente como profesores/as de linguas é fundamental para lograr mobilizar no noso alumnado os coñecementos impartidos. Polo que a mediación e a interacción son ferramentas chaves para favorecer a aprendizaxe da lingua meta; e é a través delas que podemos rachar coa asentada metodoloxía que sitúa o alumnado como un suxeito pasivo no proceso de ensinanza/aprendizaxe. O alumnado debe ser un suxeito que participe de maneira activa para lograr unha aprendizaxe significativa. Especialmente, na aprendizaxe dunha lingua estranxeira xa que debemos estimular a fala e a interacción na lingua meta para que teñan as ferramentas para poder comunicarse na lingua estudada. Algo fallo no actual sistema educativo se despois dunha década aprendendo a lingua inglesa, o alumnado non se sinte seguro para manter unah conversa acorde ao seu nivel na susodita lingua. Nós, como futuras docentes, debemos favorecer o avance cara un ensino que sexa verdadeiramente significativo para as persoas que estamos formando.



Comentarios

  1. Ola Alexandre!

    Noraboa pola túa entrada. Parécenme moi interesantes todas as achegas que aportas en relación a mediación e ao método comunicativo. Estou totalmente de acordo cando dis que algo está a fallar no sistema educativo actual se tras unha década de clases de inglés o alumnado segue sen ser capaz de manter unha conversa fluida en inglés.

    Dende a miña perspectiva, a solución a esta problemática que mencionas non é outra que a chegada progresiva de novas xeracións de docentes con vocación e implicación, que sexan quen de pasar da teoría estudada neste máster á verdadeira implementación dunha metodoloxía activa, comunicativa e construtivista, sempre contando por suposto co apoio do goberno e as lexislacións en materia de educación (algo non tan doado de conseguir, seica).

    Ademais, en relación á temática destas sesións da materia, considero que como ben dis, a mediación intercultural e a socialización a través da escritura son aspectos fundamentais a ter en conta se queremos que se produza ese cambio con respecto á metodoloxía tradicional.

    Grazas pola túa aportación, coma sempre tan pertinente.

    Unha aperta :)

    Tania

    ResponderEliminar
  2. Ola Álex!

    Felicitacións pola túa entrada. Concordo plenamente contigo en que as actividades de mediación, tal e como falamos na clase, son moi beneficiosas nas aulas para fomentar a comunicación tanto oral como escrita, pero sobre todo resultánme indispensables nas aulas de linguas estranxeiras. Na aprendizaxe dun idioma, a comunicación, ao meu parecer, é o punto máis forte que se debe traballar. Para iso, ao igual ca ti, considero que se deben deixar de lado as clases maxistrais seguindo o libro de texto, e deberíanse empregar metodoloxías máis activas con outros tipos de actividades, como son as de mediación, que permiten traballar de forma cooperativa, más lúdica e conseguindo resultados mellores e de maneira máis rápida. Creo que co paso do tempo e coa implicación do profesorado, estas actividades ocuparán un maior lugar nas aulas.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares